A Estrada ten 9 casos de covid e suma 900 desde marzo do 2020

La Voz A Estrada / LA VOZ

DEZA

E CUIÑA

26 novs 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O municipio estradense afronta a sexta onda de covid-19 cun total de nove casos activos. Ningún deles requiriu ingreso hospitalario. Desde o inicio da pandemia no mes de marzo do 2020 un total de 900 estradenses foron diagnosticados oficialmente de coronavirus. Doce faleceron e o resto recuperáronse. Namentres, en Lalín había este xoves 12 casos activos e en Agolada eran dous. En Forcarei diagnosticáronse 36 casos novos nos últimos 14 días.