Os dezáns Javier Ramos e Álex Moure rozaron podio no Rai do Cocido

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

Cedida

18 oct 2021 . Actualizado ás 20:49 h.

A gran regularidade demostrada en todos os tramos, xunto á ausencia de problemas no seu Volkswagen Polo GTI R5, permitiu a tándem dezán Javier Ramos-Álex Moure rozar o podio no Rali do Cocido. Acabaron na cuarta praza ante rivais de moita experiencia, como destacaban onte, felicitando á Escuadra Lalín Deza pola organización da edición das vodas de prata da carreira.

No repaso ao ocorrido, resaltaban a quinta praza a pesar dalgún contratempo no tramo espectáculo. Xa o sábado, saíron con cautela ao primeiro bucle coas pasadas por Silleda, O Couto e Saborida, subindo ao quinto posto. Xa con auga no asfalto, a repetición deses tramos situoulles cuartos polo abandono de Félix Macías. A tarde complicouse pola choiva, pero sen cometer erros en Vila de Cruces, Carballeda e Rodeiro-Dozón, puideron manter esa cuarta praza final.