Portodemouros cumpre tres semanas con microcistinas e pechado ao baño

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

José Ramón Moire

10 oct 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Tres semanas despois mantense a prohibición tanto do baño como de actividades acuáticas e a navegación nas augas do encoro de Portodemouros. Augas de Galicia detectou a presenza de microcistinas neste espazo polo que se ordenou desde a Consellería de Sanidade que se adoptasen esas medidas preventivas, comunicadas aos concellos que baña o encoro, entre eles o de Agolada. Desde esa comunicación procedeuse a instalar carteis anunciadores na área recreativa de Brocos, ademais de clausurarse o acceso ao pantalán.

A detección da presenza de microcistinas produciuse nun dos controis rutineiros que realiza Augas de Galicia en distintos encoros. Polo momento continúa tiñendo de verde as augas de Portodemouros. Ademais, a ausencia de choivas está provocando unha baixada do seu caudal e empézanse a ver casas do Marquesado.