O documental sobre Xela Arias chegará o día 24 aos Minicines Central

La Voz A Estrada / LA VOZ

DEZA

19 sep 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O documental de Beatriz Pereira sobre Xela Arias chegará o venres da próxima semana, día 24, aos Minicines Central da Estrada. O pase será ás 21.00 horas e a capacidade limitada, polo que se require reserva previa no número de teléfono 986 573 601.

O documental, Xela Arias, poeta nas marxes, tamén poderá verse hoxe a partir das 18.00 horas no centro cultural de Cerdedo. A entrada será libre e gratuíta ata completar a capacidade fixada en consonancia coas restricións sanitarias.