Un paseo terapéutico pola Fraga de Catasós

La Voz

DEZA

Cedida

01 ago 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A convocatoria para unha camiñada pola Fraga de Catasós en Lalín foi onte todo un éxito de participación. A iniciativa enmárcase dentro do programa Bosques Terapéuticos promovido pola Deputación de Pontevedra. Á primeira hora da mañá déronse cita os participantes, entre os que se atopaba a edila de Urbanismo, Raquel Lorenzo.