A Ben Querida causa furor co seu concerto na Casa do Lagoeiro

La Voz

DEZA

cedida

01 ago 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A cantante bilbaína, Ana Fernández-Villaverde, A Ben Querida, cativou ao público que se achegou á Casa do Lagoeiro para gozar do cuarto concerto do ciclo Solpores non Lagoeiro. Unha actuación en acústico onde presentou o seu último álbum, Bruxería, facendo as delicias das decenas de asistentes. Escoitando Elefantes serán os seguintes en actuar o vindeiro xoves ás 21.00 horas.