O Trail da Carixa supera o centenar de participantes a mes e medio do seu inicio

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

CEDIDA

30 jul 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A falta dun mes e medio para o pistoletazo de saída ao Trail da Carixa, as inscricións para a proba superan o centenar, sendo unha proba da expectación que xera esta carreira nunha contorna natural única en Vila de Cruces, que aos poucos empeza a gañar protagonismo de xeito evidente.

En total son 105 os inscritos na distancia de máis de 19 quilómetros e conta con 22 parellas anotadas na modalidade de substitucións. Unha cita que está a sorprender aos organizadores polo gran nivel dos equipos que a van disputar. En canto á categoría de cadetes son catro os inscritos, aínda que aseguran que será no «último minuto» cando se produza o groso das anotacións. Unha circunstancia similar á da andaina, que de momento se atopa ao redor dos quince participantes.

Unha esixente proba de carreira polos carreiros do territorio cruceño que levan meses preparando con esmero desde o GTR Galico Trail Run, que ademais de labores de acondicionamento das pistas e camiños, está a facer saídas con corredores para visualizar o percorrido.