O A Estrada Futsal dá outro paso para salvarse tras gañar ao Xixón Praias (5-7)

La Voz A Estrada / LA VOZ

DEZA

miguel souto

18 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O A Estrada Futsal Inversia encadeou a súa terceira vitoria na fase pola permanencia na Segunda División B. O conxunto estradense visitaba onte a cancha do Xixón Praias, un rival en teoría alcanzable ao atoparse na parte baixa do grupo, pero que ofreceu resistencia ao estar esgotando as súas opcións de salvación. Ao final impuxéronse os pupilos de Paco Garabal por 5-7.

Mouro asinou tres dos goles do A Estrada Futsal, mentres que dous levaron a firma de Jorge e completaron o marcador visitante os de Julio e Manu. Con este triunfo os azulones seguen coliderando a clasificación do grupo e incrementando as súas opcións para continuar a próxima tempada na Segunda División B.

Na seguinte xornada o conxunto estradense recibirá no pavillón municipal Coto Ferreiro a visita do Domotec, que tamén se atopa a moita distancia na táboa clasificatoria.