O Coreti Rugbi Lalín suma o seu segundo triunfo (25-5)

j. b. LALÍN / LA VOZ

DEZA

miguel souto

18 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O Coreti Rugbi Lalín sumou a súa segunda vitoria consecutiva no arranque do grupo norte da Primeira Territorial. Ante a súa afección, os roxinegros impuxéronse con claridade ao Campus Ourense por 25-5. Ao descanso xa dominaban cun claro 18-0. Este triunfo sumar ao da xornada inaugural a domicilio ante o Santiago Rugbi por 3-11. Na próxima xornada os dezáns devolverán visita aos ourensáns.

Por outra banda, catro xogadores abellóns -Álex Sucasas, Fernando Silva, Gabriel Castro e Sofía Villar- debutaron na categoría sub-16 formando parte do equipo dos Ingleses de Vilagarcía, que xogaron en Monteporreiro ante o Pontevedra, que se impuxo por 62-22.