O BNG denuncia que o resto do castro de Toiriz siga sen limpar e danos internos

R. R. LALÍN / LA VOZ

DEZA

Miguel Souto

17 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O BNG de Silleda critica que o resto do castro de Toiriz siga sen limpar e insta o rexedor a negociar co resto dos propietarios para limpar a totalidade alegando que «iso é poñelo en valor». Lembran que durante as obras viron o terreo aberto en cal e que durante a execución dos traballos «sabemos que se removeu a terra que o protexeu durante moitos anos, se tocaron os muros do castro e que apareceron restos que semellaban castrexos e que non sabemos que foi deles». Quéixanse de que a pesar da recollida de firmas levada a cabo os políticos falaron ao mostrar as obras de «crítica política» e de Din «ideas subxectivas». que «xa sabiamos que a musealización era poñer un parque na cima dun castro, e descubrimos que otra función é a de miradoiro para admirar a fermosísima paisaxe». Consideran que «o que hai debaixo é secundario, a nosa historia, o noso patrimonio, a nosa cultura, como secundario é a lingua propia do país, que tamén se agocha poñéndoa pola parte traseira nos paneis informativos».