A Seguridade Social restou 65 cotizantes no último mes nas comarcas

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

miguel souto

23 feb 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A crise sanitaria continúa pasando factura e o mes de xaneiro pechouse na zona con 65 cotizantes menos á Seguridade Social. Pero non todo foron malas noticias e o número de afiados incrementábase en tres concellos. Lalín tivo o mellor dato con 24 cotizantes máis. Cerdedo sumou seis e Silleda nova. Pola contra A Estrada perdeu 75 pasando de 5.175 a 5.100. Na zona pasouse dos 19.591 que se contabilizaban a fin de ano aos 19.591 ao peche de xaneiro. Son 6.274 en Tabeirós-Terra de Montes, 78 menos que en decembro e 13.317 en Deza, que suma 13 respecto de fin de ano. Por concellos, Lalín suma 6.751; Dozón 339 (-3); Agolada, 522 (-2); Rodeiro 984 (-6); Silleda 3.342 (+9) e Vila de Cruces 1.379 (-9). Son 205 en Cerdedo (+6) e 969 (-9) en Forcarei.

A subida produciuse nos traballadores por conta allea en Deza. Foron 27 máis no último mes. Lalín sumou 29 máis pasando de 4.183 a 4.212 e en Silleda a cifra creceu en 14. Son 2.055 fronte aos 2.041 de decembro, En Agolada o número non varía e segue en 223, mentres que Dozón perdeu dous cotizantes pasando de 131 a 129 e Rodeiro seis quedando en 430 fronte aos 436 de decembro.

En Vila de Cruces son oito menos pasando de 707 a 699. En Tabeirós-Terra de Montes, o número descendeu en 52 persoas. Son 51 menos na Estrada que queda en 3.173 fronte aos 3.224 de decembro. En Cerdedo o número crece en sete cotizantes chegando a 124 e Forcarei perde 8 quedando en 586. O número de traballadores por conta allea que cotizan no Réxime Xeral é de 11.631 na zona. Destes, 7.748 son de Deza que sumou 27 máis e 3.883 en Tabeirós, o que supón unha perda de 52 afiliados. Son 23 menos nas dúas comarcas. En cambio, en canto ao número de autónomos produciuse un descenso en todos os concellos. En total son 36 menos na zona, 9 menos en Tabeirós-Terra de Montes que pechou xaneiro con 2.179 e 27 menos en Deza que suma 5.114. En total son 7.293 na zona. Por concellos Cerdedo perde un quedando en 71; A Estrada resta sete e suma 1.743 e Forcarei conta cun menos e queda en 365. En Deza, Lalín ten 2.325, doce menos que en decembro; Silleda oito menos quedando en 1.165 e Cruces queda en 628 despois de restar tres. En Rodeiro son 519, un menos, Dozón 203 (-1) e Agolada 274 (-2).