Fran Lareu, no elenco da película «Proxecto Emperador»

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

Sabela Peiteado

20 feb 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O actor lalinense Fran Lareu formará parte do elenco da nova película do director galego Jorge Coira. Participará neste proxecto compartindo pantalla xunto con nomes moi coñecidos, entre eles Luis Tosar, ademais de Alexandra Masangkay, Bebe , María Botto, Miguel Rellán e Denis Gómez.

Proxecto Emperador titúlase o filme, con guion de Jorge Guerricaechevarría e con produción de Vaca Films. Trátase dunha longametraxe de espías protagonizado por axente de intelixencia español encargado de previr ataques terroristas que descubrirá que outra unidade da súa mesmo servizo está involucrada en actividades ilegais.