Diploma para o estradense Manuel Ponte

La Voz

DEZA

cedida

20 feb 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A subdelegada do goberno, Maica Larriba, presidiu este venres a entrega de diplomas a tres radioaficionados voluntarios da Rede Nacional de Radio de Emerxencias pola súa colaboración desinteresada. Un deles foi o estradense Manuel Ponte (primeiro pola esquerda), con trinta anos de colaboración con esta rede de comunicacións que asegura as transmisións en calquera circunstancia.