O Sergas cifra en 52 o número de positivos nos centros escolares e garderías

La Voz

DEZA

20 ene 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O aumento xeneralizado de casos positivos ten o seu reflexo nos centros educativos onde tamén se está producindo un crecemento sumando 52 na zona, segundo o Sergas. En Silleda son, segundo esa lista, 16. Inclúese un caso na escola infantil Galiña Azul onde permanece pechada un aula de menores dun ano. A estes súmanse 5 no colexio de Silleda, cunha aula pechada, un no Ramón de Valenzuela da Bandeira, catro no María Inmaculada e cinco no IES Pintor Colmeiro. Na Estrada son once. Figuran un no Cabada Vázquez, un no Figueiroa, un no Foxo, un no Villar Paramá, tres no IES número 1 e catro no Losada Diéguez. A estes súmanse tres no colexio de Agolada, dous no IES Marco do Caballón de Cruces e quince en Lalín: dous no Rivero, dous no Golmar, cinco no IES Laxeiro e seis no IES Aller Ulloa. En Forcarei son catro: un no Chano Piñeiro, un no colexio de Forcarei e outro no de Soutelo. A estes sumar, na lista do Sergas, un caso no colexio de Rodeiro, do que o centro non ten constancia. Onte desde Educación manifestáronlles que era un erro. O pasado venres produciuse un positivo externo, neste caso ao parecer, dunha coidadora de fóra do municipio nunha liña con poucos alumnos e non foi necesaria a adopción de medidas.