Dezanove empresas optan a executar o acceso á AG-53 en Dozón

La Voz

DEZA

15 dic 2020 . Actualizado ás 21:11 h.

Dezanove empresas presentaron oferta para executar a construción do novo acceso á autovía AG-53 en sentido Ourense desde Dozón. O contrato licitado pola Xunta supón 1.083.330 euros, con seis meses para executalo. Este viario evitará a veciños de Dozón desprazarse ata Piñor para acceder á AG-53. Está en redacción o proxecto para o ramal que permitirá aos coches con orixe en Ourense poidan saír cara a Dozón.