O Pontiñas distribúe 2.000 euros en premios na Pontilotería de Nadal

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

02 dic 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O centro comercial Pontiñas pon en marcha unha nova campaña coa que repartirá 2.000 euros en premios. É a Pontilotería cun sorteo o día 22, o mesmo día do sorteo da Lotería de Nadal. A campaña terá lugar ata o 21 de decembro e ofrécese un premio de mil euros, un segundo premio de 500 euros, un terceiro de 200 euros e seis premios de 50 euros.

Por outra banda, onte celebrouse un encontro dixital entre unha representación de comerciantes do Pontiñas Gadis e unha representación da Asociación contra o Cancro de Pontevedra. Durante o encontro, a agrupación agradeceu de forma efusiva a colaboración de cada un dos comercios lalinenses así como a campaña levada a cabo e destinada á visibilidade deste tipo de enfermidades. Proximamente terá lugar un acto presencial no centro.