Adestramento especial do Atletismo Deza

La Voz

DEZA

Cedida

08 jul 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A Escola Atletismo Deza organizou unha sesión especial de adestramentos para as deportistas sub-16, 18 e 20 onde se contou co adestrador estradense Marcos Otero, xunto a Nacho Castro. Unha xornada de aprendizaxe onde as atletas do club dezán mostraron as súas capacidades e onde non faltou o matiz emotivo, ao estar nas súas filas Xana Gómez, formada durante anos por Otero no Atletismo A Estrada.