O PSOE de Lalín reclama medidas contra a velutina e a avispilla do castiñeiro

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

29 may 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O PSOE de Lalín presentou unha moción para o seu debate a través da que se insta á adopción de medidas ao redor da loita contra a avespa velutina e a avispilla do castiñeiro. Piden que se finalice a campaña de velutina entendendo que a fase de trampeo faise de febreiro a maio incluído. Insta o goberno local a adoptar medidas en colaboración coa Consellería de Medio Rural para evitar que siga proliferando a avispilla do castiñeiro. Piden a comparecencia dos edís de Agricultura e Medio Ambiente para explicar as actuacións levadas a cabo e as que está previsto desenvolver nun futuro inmediato.