O BNG de Lalín pide para o Balonmán unha axuda de 30.000 euros

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

29 may 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O BNG de Lalín pide ao goberno local que clarifique a axuda que vai destinar ao Balonmán Lalín e que o faga con urxencia lembrando que o club necesita saber xa en xuño se vai dispor de diñeiro suficiente para poder aceptar xogar na categoría prata estatal. Considera que a axuda debería ser dun mínimo de 30.000 euros sinalando que o presidente do club admitía que tiñan un desfasamento de 60.000 euros nun orzamento de 200.000 euros. Resaltan a relevancia social do club e a promoción que suporá para Lalín.