Voluntariado social en Silleda

La Voz

DEZA

Empezaron a repartir alimentos de Cruz Vermella

28 mares 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Desde o Concello de Silleda creouse un grupo de voluntariado social que, coordinado desde o departamento de Benestar Social, comezou onte o seu traballo coa repartición de alimentos de Cruz Vermella a distintas familias. O alcalde indicou que todos están debidamente equipados para ese «fantástico labor». Encargaranse ademais de entregar tarefas escolares que realiza o Concello de forma gratuíta, con impresión en librerías locais, para quen non teñen Internet ou impresora nas súas casas.