Sabucedo celebra este sábado o seu Entroido con desfile e música

La Voz

DEZA

17 feb 2020 . Actualizado ás 20:52 h.

Sabucedo (A Estrada) celebrará este sábado, día 22, o seu Entroido. Pola tarde haberá desfiles de carrozas e desde as 22.00 horas no teleclub cea a base de paella e sobremesas típicas achegadas polos veciños. Non faltará o clásico concurso de disfraces e haberá tamén unha actuación musical protagonizada por Laura Ocampos.