O Naranxo celebra o décimo Xantar de Señoritas

DEZA

rober amado

26 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A asociación O Naranxo prepárase para o Entroido e organiza a que será a décima edición do Xantar de Señoritas. Un aniversario para unha década de diversión que ten xa aberto o prazo de inscrición e de venda de entras. Estas pódense adquirir no Nigiri sushi bar, Alola, Abastos Lalín, a taberna Segrel e o café de Mili. De momento son os establecemento que figuran nunha lista que podería ampliarse.

As entradas pódense adquirir aí ou a través da páxina de Facebook do Naranxo ou do correo onaranxoac\gmail. A agrupación facilitará aos interesados unha conta bancaria na que poderán facer o ingreso. O prezo é de 20 euros para os adultos e de 10 euros para os nenos de ata 10 anos. Ofértanse aos asistentes dous tipos de menús: vexetariano ou con carne, en leste caso churrasco, tanto na versión infantil como na de adultos. Os organizadores anuncian sorpresas e sinalan que os únicos requisitos para asistir, ademais de levar a entrada, será «porse guapas e guapos e traer moitas ganas de pasalo ben».