Programan para o Entroido a edición 33 da Cea de Mulleres

La Voz A Estrada / LA VOZ

DEZA

25 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A popular Cea de Mulleres da Estrada, que se celebra en Entroido, acadará este ano a súa edición número 33. Terá lugar o sábado 22 de febreiro ás 21.00 horas en Liñares. O prezo é de 25 euros e as reservas poden facerse ata o día 15 no 619 389 088 ou 652 589 523. Amenizará a xornada unha discoteca móbil e haberá premios para os mellores disfraces.