Educación instala un ascensor no colexio público de Silleda

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

Cedida

24 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O xefe territorial da Xunta en Pontevedra, César Pérez Ares, visitou onte pola mañá o colexio de Silleda, onde a Consellería de Educación acaba de instalar un ascensor co obxectivo de mellorar a accesibilidade do centro. Pérez Ares estivo acompañado pola concelleira de Educación de Silleda, Ánxela Troitiño e o portavoz do PP, Ignacio Maril, aos que se sumaron responsables do colexio e o arquitecto xefe da unidade técnica.

As obras, cun orzamento duns 97.600 euros, completan o plan de accesibilidade permitindo a escolarización de nenos con problemas motores e dando solución aos que xa están matriculados. A execución, apuntan desde a Xunta, presentou dificultades por mor dos niveis intermedios do centro, que conta con tres pisos, e que necesitou cinco paradas. A maiores ampliouse tamén a biblioteca. Educación investiu nos últimos anos 400.000 euros neste centro.