Rueda , co PP de Vila de Cruces e Agolada

La Voz

DEZA

Para organizar o partido de cara ás próximas autonómicas

22 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O presidente provincial do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, reuniuse a noite do luns coas xuntas locais da formación en Vila de Cruces e Agolada. Os populares indican que se trata dunha reunión ordinaria, enmarcada no calendario de reunións que o dirixente provincial está a realizar para facer balance dos primeiros seis meses de mandato e sobre todo, para escoitar ás directivas locais, analizar a situación do partido e falar da súa organización para as autonómicas. Rueda apuntou o importante esforzo nestes dous municipios para adaptarse ao novo papel na oposición, pero destacou que tanto Jesús Otero como Carmen Seijas realizan un importante labor construtivo e fiscalizadora.