Cheo absoluto na estrea do Panic

La Voz

DEZA

cedida

19 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O festival Panic estreouse a pasada madrugada cun maratón de cine de terror que foi un rotundo éxito. A medianoite houbo colas para entrar nas salas. O cheo foi total nas dúas primeiras películas e algúns espectadores quedaron sen butaca. Ata as 7.00 aguantaron medio centenar de persoas, moitos en pixama.