O BNG recolleu 7.500 firmas para reclamar a ambulancia

Rocío Perez Ramos
Rocío Ramos LALÍN / LA VOZ

DEZA

Rocío Ramos

Agradeceron o apoio dos veciños e achacan o éxito a que «é unha necesidade» e agardan que se convoque o pleno

15 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O BNG de Deza presentou onte as firmas recollidas entre os veciños e que suman un total de 7.509. Destas, 4.801 foron recollidas en Lalín, 1.410 en Silleda, 1.058 en Vila de Cruces, 200 en Rodeiro e 40 en Dozón. Álex Fiuza de Cruces e Tania Cornada de Silleda agradeceron aos membros das corporacións dos seus municipios o apoio unánime. No caso de Cruces, Fiuza, destacou que asinara o 20 % dos veciños. O portavoz do BNG de Lalín, Francisco Vilariño, sumou ao labor dos concelleiros e dos compañeiros de agrupación, especialmente a Ariadna Fernández. Sinalou que a semana próxima agardan presentar no Parlamento «estas 7.509 razóns» para esixir unha ambulancia medicalizada para a comarca con base en Lalín que, lembran, «levamos reclamando anos». Cre que o éxito responde a que os veciños perciben a demanda como unha necesidade e destacaron a firma da cidadanía sen mirar a cor política que quen encabezaba a petición.

Vilariño criticou que en Lalín, o PP fose no único sitio que votou en contra desta moción e espera que se convoque en breve o pleno extraordinario solicitado pola oposición. O rexedor ten 15 días para facelo. O portavoz nacionalista lalinense espera que se fixe para unha hora «na que poida ir a xente ó pleno». Destacou «ou enorme traballo de Pablo, traballador do 061 con Ariadna, na recollida de sinaturas» e o labor da campaña.