Exposición de obras de María Chao a favor de Acnur e Médicos Sen Fronteiras

La Voz A Estrada / LA VOZ

DEZA

antía expósito

02 dic 2019 . Actualizado ás 21:39 h.

A artista María Chao, que durante 32 anos foi profesora de Plástica no IES García Barros, inaugurou exposición solidaria na galería Guimart. Está integrada por 18 obras con prezos que oscilan entre os 50 e os 400 euros, para que poida animarse a colaborar o máximo número de persoas posible. A recadación destinarase integramente ás asociacións Acnur e Médicos Sen Fronteiras. Con elas colabora María Chao desde fai oito anos. Ata agora deseñaba obxectos decorativos -como abanos ou marcos de fotos- para a causa. Este ano decidiuse a pór á venda a súa propia obra. A mostra poderá visitarse ata o día 14, de luns a venres de 10.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.30 e os sábados de 10.30 a 14.00 horas.