Seleccionan un mel estradense de eucalipto entre as mellores de Galicia do 2019

La Voz A Estrada / LA VOZ

DEZA

oscarVIFER

25 novs 2019 . Actualizado ás 21:25 h.

Un mel estradense foi premiada na primeira edición do Concurso de Mel 5 Estrelas, convocado pola Asociación Galega de Apicultura. No certame participaron 61 mostras que se clasificaron para a fase final tras un proceso de selección iniciado en setembro. O concurso resolveuse con cinco premios aos mellores meles da colleita do 2019 nas súas respectivas variedades.

O mel monofloral de eucaplipto de María del Mar Brea Botana, da Estrada, foi unha das cinco mellores para o xurado. As outras foron un mel multifloral de Baleira (Lugo), outra monofloral de castiñeiro de Vilardevós (Ourense), unha monofloral de queiroga de Euromel S.C., de Quiroga (Lugo) e unha monofloral de melato de carballo de Riós (Ourense). A categoría de monofloral de silva quedou deserta pola ausencia de meles desta variedade.

O obxectivo do concurso é valorizar os meles galegos. Os gañadores recibirán unhas etiquetas co selo Mel 5 Estrelas para utilizar nos envases á venda do produto. Ademais, os cinco mellores participarán agora en concursos nacionais e internacionais.