Sortean 1.000 euros no Black Friday e o quince aniversario do Pontiñas de Lalín

La Voz

DEZA

19 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O centro comercial Pontiñas de Lalín celebra o seu décimo quinto aniversario co sorteo de cheques regalo nunha celebración que fará coincidir co Black Friday, o día 29 de novembro. Está previsto o sorteo de cheques regalo por un importe global de 1.000 euros.

A práctica totalidade das tendas situadas neste centro comercial lalinense sumarase á campaña de descontos, nunha xornada na que abrirán ata medianoite. Non só se premiará ao consumo no propio Black Friday senón que as compras realizadas durante toda a semana tamén suporá a entrega de rifas para entrar no sorteo dos cheques regalo.

Esta iniciativa de descontos, posiblemente os máis altos que se ofertan durante todo o ano, e o sorteo únense ese día ao aceso da iluminación do Nadal no Pontiñas de Lalín.