O AMPA do Sacro Corazón convoca aos pais a unha reunión hoxe no museo

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

miguel souto

08 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A asociación de pais de alumnos do colexio Sacro Corazón convocou aos pais de alumnos a unha reunión que terá lugar hoxe ás 20.00 horas no Museo Ramón María Aller de Lalín. Un encontro que quere servir para reunir ás diferentes partes e abrir o debate sobre a situación do centro educativo lalinense que se atopa en preconcurso.

Ao encontro están convocados tamén os profesores do colexio, a administración do centro e o comité de empresa do colexio, entre outros.

A agrupación tratará de informar aos asistentes, dentro das súas posibilidades, da situación do colexio. Agárdase que acudan representantes, entre outros, da o antiga administración do centro educativo, así como do comité de empresa. A asociación de pais mantivo contactos coa Consellería de Educación.

Comité de folga

Onte celebrouse unha nova xornada de folga no colexio de 24 horas que mantivo pechada a gardería e proseguirá martes e xoves xunto con concentracións diante do centro.

Por outra banda, o comité de folga acusa o administrador e director de estar desaparecido do colexio sen deixar a ninguén, din, que se poida facer cargo dos problemas do centro e parécelles «unha auténtica falta de respecto ás familias e ás traballadoras, que non haxa durante este tempo ningún interlocutor a quen dirixirse».