Música e libro de José Villaverde

La Voz

DEZA

Miguel Souto

05 oct 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Presentación na Bandeira do libro de José Villaverde. O centro cultural Vista Alegre acolleu onte á noite a presentación de Andainas dun músico rural, de José Villaverde Gómez. Ademais, durante o acto emitiuse unha proxección audiovisual cunha actuación da Banda de Veteranos da Banda de Música da Bandeira. Villaverde foi o primeiro director da Recreativa e Cultural e neste libro póstumo recóllense as súas vivencias.