Agradecementos pola homenaxe a Ortigueira

La Voz

DEZA

02 oct 2019 . Actualizado ás 18:40 h.

Con motivo da homenaxe realizada a D José Antonio ao cumprirse os 25 anos como párroco de San Pedro de Toedo, a organización quere agradecer encarecidamente a acollida que tivo dita celebración. En primeiro lugar agradecer a presenza das autoridades civís e eclesiásticas, especialmente queremos agradecer a D Jesús Palmou, que a pesar dos seus múltiples compromisos, quixo facerse presente e participar activamente na devandita homenaxe, tamén ao Sr Economo diocesano, que comparte co homenaxeado tarefas na delegación de economía da nosa diocese. Dar as grazas tamén a todas as persoas que nos acompañaron neste día e demostraron así o afecto e cariño que teñen ao noso párroco. E tamén agradecer aos medios de comunicación radio e prensa, que desinteresadamente se fixeron eco da noticia, ao coro de San Jorge de Vexa que solemnizó a celebración e á florería Zarcillos, que colaborou na decoración do templo da nosa parroquia. E moi especialmente a Fotografía Bernabé e ao Pazo de Xerlis, pois non só pola súa colaboración económica senón tamén polo trato amable que nos dispersaron. A todos eles moitas grazas