Polémica en Lamas pola cesión dunha Virxe

La Voz

DEZA

Non dispoñible

2004

22 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Os veciños da parroquia estradense de Lamas estaba dividida fai agora tres lustros por culpa dunha imaxe da Virxe Peregrina datada no século XVIII. Trátase dunha talla anónima da escola compostelá, que todos consideran un tesouro moi prezado e que decidiron retirar para evitar un posible roubo, tras profanarse dúas veces a igrexa. Desde entón comezou a rotar polas casas da aldea.

Pero o debate xurdiu cando o Museo Provincial de Pontevedra solicitou a súa cesión temporal para unha exposición sobre a Virxe Peregrina, ofrecéndose ademais a restaurar a imaxe da parroquia estradense antes de devolvela. A talla estaba a perder cor e a policromía corría riscos. Houbo votación e todo quedou moi parello, con dezasete veciños a favor de cedela, quince en contra e unha abstención. A Igrexa decidiu non intervir para non sementar máis discordia entre os fregueses, tampouco o museo, que pedía un acordo.