Un estradense de rali en triciclo motorizado por India e Nepal

La Voz

DEZA

Cedida

Diego Suárez emprendeu esa aventura solidaria, coa que percorreu fai unha década máis de 3.000 quilómetros

17 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Diego Suárez emprendía aos 27 anos hai unha década un proxecto solidario onde mostrar o seu espírito de aventura. Este informático estradense decidiu sumarse a un percorrido de máis de 3.000 quilómetros por India e Nepal nos triciclos motorizados típicos destes países, os rickshaw. A bordo deles a velocidade máxima non supera os 55 quilómetros por hora.

A carreira de carácter internacional e bautizada como Rickshaw Run tiña por entón dúas edicións ao ano, no inverno e primavera. Pero no 2009 o seu éxito levou a organizar outra no outono, á que se sumou Diego Pérez, con 61 vehículos inscritos. Como obxectivo figuraba a recadación de fondos para desenvolver proxectos destinados á mellora das condicións de vida dos grupos sociais máis desfavorecidos tanto en India como en Nepal.

O equipo integrado polo estradense xa contaba con 1.000 libras recadadas antes de iniciar a proba para as onegé Frank Water e Maiti Nepal, contía que creceu ao concluír a carreira.