Os Villaverde fan piña en Orazo

La Voz

DEZA

cedida

21 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A familia Villaverde celebrou este domingo a súa tradicional reunión anual de confraternidade. A saga, procedente da casa matriz de Besteiros, volveu compartir mesa, mantel e vivencias. Asistiron 33 membros da familia e houbo unha placa de recoñecemento para Luis Sueiro Villaverde. A reunión familiar leva facendo 23 anos, aínda que non consecutivos. No medio houbo algunha paréntese.