Esta semana empezan a adestrar os dous equipos de Herdeiros

La Voz

DEZA

cedida

21 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O club dezán, Herdeiros de Dhais, ofreceu o luns unha sesión de iniciación para persoas que quixesen empezar a xogar ao fútbol gaélico. Asistiron tres mozas e dous mozos que nunca xogaran, ademais de varios integrantes do club. Entre todos, realizaron unha sesión preparatoria que reuniu a catorce xogadores. Doutra banda, onte comezaron a adestrar as mozas da entidade e mañá farano os mozos. Prevese que este ano o equipo feminino alcance as 20 fichas e que o equipo masculino as supere.