Falece a centenaria estradense Flora Otero Nogueira

La Voz

DEZA

miguel souto

O funeral será hoxe ás 19.30 na igrexa de Oca

21 ago 2019 . Actualizado ás 12:51 h.

A centenaria estradense Flora Otero Nogueira, faleceu onte aos 102 anos de idade. A muller, veciña de Rendo (Oca), chegou moi activa á recta final da súa vida. En decembro, cando cumpría os 102, seguía escoitando misa e rezando o rosario a diario, debullaba o millo para as galiñas e axudaba co encartado ou o zurcido da roupa. As súas debilidades eran o programa Luar, Bamboleo e as actuacións do grupo Xirandola, que actuou nun aniversario número 100.

A capela ardente está situada na casa familiar en Rendo (Oca). A condución do cadáver será hoxe ás 19.00 horas, desde a casa nortuoria ata a igrexa parroquial de San Esteban de Oca, onde ás 19.30 celebrarase o funeral. Seguidamente terá lugar a inhumación no cemiterio da parroquia.