Música clásica en Carboeiro

La Voz

DEZA

E CUIÑA

18 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A música clásica volveu á igrexa do mosteiro de Carboeiro cun concerto de coro e orquestra enmarcado no trixésimo curso Tamara Brooks, que se prolongou desde o día 4 ao 17 de agosto en distintas localidades da provincia pontevedresa e que por terceiro ano consecutivo recala na localidade trasdezana. O concerto reuniu a medio centenar de alumnos e trinta profesores que se luciron coa portentosa acústica do mosteiro como marco incomparable.