O Rali do Cocido contará con 81 pilotos, 51 deles do nacional de asfalto

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

miguel souto

16 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A escuadra Lalín Deza daba a coñecer nas últimas horas a listaxe oficial definitiva de participantes no XXIV+ Rali do Cocido, a disputar os días 21 e 22 de xuño. Serán un total de 81 os inscritos nas distintas categorías, deles 51 nas agrupacións puntuables para o campionato nacional de ralis de asfalto. Algúns deles, xunto a outros dous, farano na nova Copa Promoción N5. Á súa vez, dous desta última e outros dous pilotos participarán no Trofeo Disiclin, con 26 inscritos no Cocido Legend.

Sobre o asfalto dezán estarán os principais aspirantes ao título nacional, como Pepe López, actual líder tras imporse hai uns días en Ourense a bordo do seu Citroën C3 R5. Ademais, estarán os Hyundai i20 R5, tanto o de Iván Ares como o de Surhayén Pernía, outros aspirantes á vitoria no Rali do Cocido. En canto á categoría Legend destaca a presenza do cinco veces campión galego, Manuel Senra, co seu Peugeot 306 Maxi. Víctor Magariños, co seu BMW M3, ou Jaime Castro, a bordo dun Renault Mégane, ademais de Emilio Vázquez, co seu Citröen ZX Kit Car, son outros dos inscritos.