Adolfo Campos inicia o seu noveno mandato con maioría absoluta

ou. p. LALÍN / LA VOZ

DEZA

cedida

15 jun 2019 . Actualizado ás 21:53 h.

Adolfo Campos Panadeiros comezou hoxe o seu noveno mandato á fronte do Concello de Dozón, municipio que rexe desde o ano 1987. O octoxenario edil formou a mesa de idade xunto con Tifany Silva Vázquez, concelleira tamén do PP: os seis votos populares déronlle o cargo de alcalde, xa que os dous representantes do BNG apoiaron a Mar Vila e o concelleiro de UCIN Dozón, José Carlos Presas, optou por votar en branco.

Campos Panadeiros pechou a sesión cunha concisa mensaxe de inicio do novo mandato, nun pleno en que os concelleiros do BNG, Mar Vila e Miguel Ángel Docasar, levaron ao consistorio un exemplar de Sempre en Galiza de Castelao para acatar o cargo, do mesmo xeito que fixo en Lalín o tamén nacionalista Francisco Vilariño. José Carlos Presas, concelleira da Unión de Cidadáns Independentes de Dozón, compromete catro anos de traballo para intentar mellorar o municipio dezán.

Con 276.291 euros en Tesourería

O Concello de Dozón afronta o inicio do novo mandato cun montante de 276.291 euros en Tesourería, na súa práctica totalidade depositados en Abanca, con contas tamén no Santander ?11.349? e cantidades simbólicas en Banco Popular e BBVA Institucións.