Pérez Viondi despide aos seus veteranos

La Voz

DEZA

miguel souto

15 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O CEIP Pérez Viondi estreou leste curso acto de gradación. Non foi un acto pomposo nin de grandes pretensións, senón unha sinxela homenaxe aos alumnos de sexto de Primaria que abandonan o centro. Houbo actuacións, entrega dunha orla como recordo da etapa e a proxección dunha emotiva montaxe audiovisual. Ao final, petiscos de confraternidade entre os alumnos, as familias e os profesores. Un día para lembrar.