Atracan a punta de escopeta un banco en Souto de Vexa

La Voz

DEZA

MARCOS MÍGUEZ

O autor entrou encapuchado cun pasamontañas aproveitando que accedía unha clienta ao interior da sucursal

29 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Un home encapuchado atracou fai unha década a punta de escopeta unha sucursal de Caixanova na localidade estradense de Souto de Vexa. Aproveitou a entrada dunha clienta para acceder ao interior, cun pasamontañas para ocultar o rostro. De inmediato apuntou ao traballador que atendía á muller para esixirlle a entrega do diñeiro. Tras darlle en que tiña en efectivo no mostrador, reclamou máis, informándolle o director de que non había máis cantidade en metálico fóra da caixa. Nese momento optou por fuxir. Non houbo dato oficial desde o banco sobre a contía subtraída, que algunhas fontes situaban entre os 2.000 e os 4.000 euros. Hoxe ese atraco sería imposible de realizarse. Souto de Vexa xa non ten sucursal.