Lalín efectúa consultas previas a licitar a limpeza en seis colexios

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

24 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Lalín abriu unha fase de consulta no mercado antes de licitar o servizo de limpeza dos centros educativos e a suministración de pellets para caldeiras. Neste segundo caso as propostas de contrato deben incluír o prezo por quilogramo de material, incluíndo a repartición de custos que o determinan, así como a normativa de calidade que cumpren os pellets.

En canto ao servizo de limpeza para os catro colexios do rural e os dous urbanos as ofertas deben incluír tanto os centros como os seus pavillóns. Non pode levar a cabo en horario lectivo e cumprir directrices municipais.