Proseguen as melloras en viarias rurais de Lalín pactadas entre goberno municipal e oposición

La Voz

DEZA

cedida

19 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Proseguen as melloras en viarias rurais de Lalín, investindo preto de 700.000 euros de remanentes tras o pacto acadado o pasado ano entre goberno municipal e oposición do PP. O afirmado e acondicionamento da pista de Barcia a Outeiro, acometido esta semana, é o primeiro dos proxectos que se desenvolverán nas próximas semanas, que suman unha trintena de actuacións.

Seguirán a esta actuación as proxectadas na pista de Muimenta a Lamas de Cadrón; de Madriñán á Grela; na pista de Igrexa e Cruceiro, en Anzo; praza da igrexa de Goiás; acceso de San Xurdo a Cristimil; pista da cima de Selo a Fontecabalos; pista de Outeiro Hermida a Filgueira; pista da canteira de Alperiz a Val do Boi; pista da caseta en Xaxán; pista de Lebozán a Igrexa; acceso norte á igrexa de Bendoiro; acondicionamento do camiño de Castro á Lagoa, outro en Cristimil; travesía da Corredoira, en pista de Soutolongo a Ludeiro, pista de Palio de Abaixo, muro en Galegos, pista de Navallo; reforzo de pavimento en Vilar do Xestal, acceso a Cello-Brántega, acceso a Praduxao (Prado), pista de Vilameá-Igrexa de Selo; pista de Castro de Abaixo a Sampaio; melloras con formigón en Bustelos e Carballude-Donsión; pista da estación en Botos ás casas de Renfe; reforzos de firme en Valado-Selo, Barreiro a Vilanova na vella PO-902 e Porto-Botos; muro na pista de Madriñán; pista da estrada de Cruces a Camposancos e Carballeda-Muimenta.