O BNG de Lalín reúnese en Bruxelas con responsables da comisión de Agricultura da UE

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

Rober Amado

09 abr 2019 . Actualizado ás 21:21 h.

Francisco Vilariño e Ariadna Fernández, do BNG de Lalín, viaxan coa eurodeputada nacionalista Ana Miranda para trasladar ao xefe de unidade da dirección xeral da comisión de Agricultura a situación de incerteza existente sobre «que pasará cando remate este ano a moratoria que permite seguir xestionando vos xurros sen necesidade de adaptarse aos novos requerimentos impostos de inxección non só».

Desde o Bloque apunta que resulta preciso que a transición na adaptación á normativa europea conte con respaldo dentro da Política Agraria Comunitaria (PAC), pois de non existir unha clara liña de axudas por parte de Europa moitas explotacións da comarca e de Galicia «terán serios apuros económicos polo sobrecusto que supón». Entenden así que a PAC ten que establecer mecanismos áxiles que axuden ao sector a conciliar as súas explotacións con estas prácticas ambientais, indicando o seu acordo en atallar a contaminación derivada da eliminación dos xurros, «pero precísanse solucións» para as explotacións.