Unha viaxe espacial polo sistema solar e sen saír de Lalín

Rocío Perez Ramos
Rocío Ramos LALÍN / LA VOZ

DEZA

miguel souto

O colexio Sacro Corazón celebrou a Semana dás Ciencias cun planetario traído polo Anpa

06 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O colexio Sacro Corazón de Lalín celebra estes días a Semana das Ciencias e onte pola tarde tivo lugar unha xornada de portas abertas para dar a coñecer os traballos dos estudantes. Pola mañá, no pavillón instalouse un planetario portátil e inchable polo que foron pasando ao longo da mañá un grupo de Infantil e os estudantes de Primaria gozaron de varios sesións nunha viaxe educativa Navegando polo Universo. A iniciativa, organizada pola asociación de pais, foi realizada por Íñigo da Quadra-Salcedo, que con esta proposta quere manter o espírito da Ruta Quetzal que dirixía Miguel da Quadra, o seu pai. Explica que «traballei sempre con el e nas expedicións dabámoslle moita importancia á astronomía, as estrelas no ceo nocturno vannos marcando o camiño».

Nos Estados Unidos comprouse este planetario co que percorre os centros educativo. É inchable, móbil e conta cun Software que permite ver os elementos do ceo de preto. O planetario convértese nunha nave espacial na que poden viaxar ata 30 pasaxeiros no seu interior. Íñigo da Quadra-Salcedo explica que a viaxe empeza mostrando o que sería saír ao espazo desde Lalín, saímos da terra por esas coordenadas concretas desta zona de Galicia». Unha vez no espazo exterior, os estudantes poden ver como se achegan ao sol.

Os rapaces poden ver os planetas desde alí e «adiantamos o tempo para poder ver como se moven e viran». Un visionado que fai que a moitos dos alumnos non se lles vai a esquecer nunca que era aquilo dos movementos de translación e de rotación. A experiencia achégalles tamén información sobre a historia da astronomía e lévalles a buscar a lúa e posarse nela de forma virtual.

Íñigo da Quadra-Salcedo, que vive en Galicia desde hai uns anos, explica que «empecei en setembro a percorrer colexios e institutos e levo 500 e pico en Pontevedra e A Coruña. A súa presenza e a do planetario non só a demandan os centros educativos, hoxe estará no Casino do Carballiño e o domingo en Caldas de Reis.

Faille feliz poder achegar aos centros esta experiencia e compartir cos estudantes as súas reaccións. «Educar, di, é a peza fundamental. Iso, e sementar o interese porque logo lles esperta a curiosidade por máis cousas e xa poden eles investigar»