Manuel Sanmartín Sobrino

Xosé Lúa ESCRITOR ESTRADENSE

DEZA

28 mares 2019 . Actualizado ás 19:26 h.

Gustaba sempre de amosar os seus libros, asinados con agarimo por amigos escritores. Do “Instituto de Segunda Enseñanza” dicía que era “o máis valioso regalo que se se podía facer á xuventude estradense”. Sempre se emocionaba ao lembrar aos que foran os seus mestres senlleiros. Tiña especial devoción por don Antonio Fraguas. Manolo, como bo alumno, axudou ?ao longo da súa vida? a dárlle sentido e sensibilidade ao noso pobo. A pouca xente teño escoitado falar tanto e tan ben da nosa vila como ao noso sobranceiro amigo.

Alá arriba, no ceo, o sol da primavera reloce infindo, brillante, alumeando todos os recunchos da Estrada da Vida. É a homenaxe póstuma que a nosa vila lle tributa a Manuel Sanmartín Sobrino, un home bo e sinxelo, cunha mente clara e cun sentido do humor intacto.