O Agolada espreme as súas últimas opcións ante Ordes

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

rober amado

24 mares 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Agolada atópase en plena conta atrás se quere manter vivas as súas opcións de salvación. Os dezáns deben superar hoxe (17.00 horas, campo do Hospitalillo) ao Ordes, con tres puntos vitais para espremer esas últimas opcións de pelexar por evitar o descenso a Primeira Autonómica. Ademais neste duelo os visitantes tamén buscarán o triunfo para afastarse da zona de hipotéticos arrastres.

O conxunto que adestra Luis González Pichel chega a este encontro tras medirse ao San Tirso, nun choque de dobre cara e onde os erros da segunda parte botaron por terra o traballo desenvolvido durante os primeiros 45 minutos. O técnico traballou estes días para concienciar aos seus futbolistas de que eviten eses altibaixos e que se manteña todo o tempo a concentración. A intensidade será clave para ter hoxe opcións á vitoria.