Plantación de árbores e poemas en Lalín no Día dos Bosques

Rocío Perez Ramos
Rocío Ramos LALÍN / LA VOZ

DEZA

Redacción

As actividades foron realizadas polo Concello e o IES Laxeiro

22 mares 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Se o mércores foi o Día Internacional da Felicidade onte era o dos Bosques e a Poesía. Axuntando estas dúas efemérides, en Lalín levaron a cabo dúas plantacións de árbores que foron realizadas por alumnos do instituto Laxeiro coa colaboración do Concello e a participación da concelleira María Jesús Sánchez, que substituíu no acto á edila de Medio Ambiente, Celia Alonso, que non puido estar por razóns persoais.

No parque situado fronte á estación autobuses, estudantes de segundo da ESO e catro alumnos de FP Básica plantaron tres manzanos. Os estudantes ,m que estiveron acompañados de varios profesores, recitaron distintos poemas en francés.

A plantación iniciouse ás 13.00 horas e un pouco máis tarde completábase con outra plantación, neste caso de catro carballos, que se colocaron na parcela do parque canino. Esta actuación foi levada a cabo por alumnos de segundo de Bacharelato e a intención é dotar de máis sombra este espazo.

María Jesús Sánchez indicou que esta plantación levou a cabo por terceira ano consecutivo. Nos dous anteriores colocáronse tamén outras árbores no parque fronte á estación de autobuses contribuíndo a dotala de árbores aos poucos. O obxectivo é, apuntou a edila, «chamar á atención sobre a importancia de conservar e defender as árbores e vos sistemas boscosos para reivindicar a súa supervivencia». O Concello fai tamén un chamamento á importancia de fomentar a concienciación ambiental e sobre a necesidade de conservar os sistemas boscosos